Toiriz, O Carme de

Toiriz, O Carme de

Romaría que se celebra no santuario da Virxe do Carme en Santalla de Toiriz (Pantón). O santuario fundouno o párroco Sebastián Francisco Figueiras e Lobera e consagrouse en 1725. Ten planta de cruz latina cunha cúpula e tres tribunas, unha no pórtico de entrada e dúas nos extremos do cruceiro. A festa celébrase en xullo e a ela acudían moitos romeiros con diversas ofrendas e, algúns deles, percorrían o interior do templo ou un anaco do camiño de xeonllos ao ter conseguido un dos favores pedidos.