Toledo
Toledo
Provincia de Castela-A Mancha, formada por 206 municipios (15.368 km2; 541.379 h [2001]). A súa capital é Toledo. O éxodo rural a Madrid e a outras áreas industriais fixeron que a poboación de Toledo diminuíse a partir de 1950. Ademais da capital provincial, destacan os núcleos de Talavera de la Reina (75.369 h [2001]); Illescas (11.948 h [2001]), Madridejos (10.699 h [2001]) e Torrijos (10.281 h [2001]). A principal actividade económica é a agricultura, baseada no policultivo mediterráneo. A industria e os servizos concéntranse en Toledo, Talavera de la Reina e Consuegra.