Tomar
Tomar
Cidade do distrito de Santarém, Estremadura, Portugal, situado na ribeira do río Zêzere (43.006 h [2001]). Antiga capital dos templarios, o seu castelo pasou a ser propiedade dos Cabaleiros de Cristo despois da supresión dos templarios en 1314 e en 1983 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Destaca a igrexa, poligonal, que foi construída en estilo bizantino por Enrique o Navegante (s XV) e acabada na época de Manuel I.