tonghak*
tonghak*
s
m
[RELIX]
Relixión coreana nacionalista fundada en 1859 e que constitúe unha mestura de xamanismo, confucianismo, budismo e cristianismo, este último, no aspecto ritual. O seu fundador, Ch’oê, foi executado en 1864, como moitos dos seus sucesores, a causa das súas actividades terroristas. Ten uns dous millóns de adeptos.