Tonnerre, Firmin

Tonnerre, Firmin

Actor e director de escena francés. Coñecido como Firmin Gemier, colaborou co Théâtre Libre de A. Antoine e no Ubu Roi que presentou Lugné-Poe co Théâtre de L’oeuvre. Despois de traballar en varios teatros de París puxo en marcha en 1911 un teatro popular ambulante co que percorreu Francia. En 1920 creou en París, no Trocadero, a primeira sala de Teatro Nacional Popular, para despois pasar ao Teatro Odeón, que dirixiu (1922-1930). As súas formulacións tiveron influencia no desenvolvemento dos proxectos de teatro popular e de descentralización teatral en Francia tras a Segunda Guerra Mundial.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Aubervilliers

  • Deceso

    Lugar : París