Torbido, Francesco
Torbido, Francesco
Pintor. Coñecido como Il Moro, foi discípulo de Liberale de Verona e destacou como retratista, influído por Giorgone e Tiziano. Das súas obras destaca Ritratto d’uomo. Pintou tamén un fresco na catedral de Verona (1534), nun estilo próximo aos postulados manieristas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Venecia -
Deceso
Lugar : Verona