torque
(
-
s
m
[ARQUEOL]
Colar ríxido de metal en forma de semicírculo, sen chegar a pecharse, que usaban os pobos prerromanos. Característico da ourivaría castrexa, documéntanse desde comezos da Idade do Bronce. A maioría das pezas atopadas teñen un peso similar, arredor do medio quilo, pero hainos que se distinguiron polo seu tamaño, como o de Burela, de case dous quilos. A súa tipoloxía é moi variada e pódense ditinguir pola súa decoración, a súa forma xeral ou os remates. Segundo a distribución espacial, distínguense cinco tipos básicos aínda que pode haber variacións: ártabro, que é propio do N de Galicia e presenta aramios enrolados e remates en periña; astur-norgalaico, que se situou no N de Galicia e Asturias, cos aramios máis enrolados e os remates de dobre escocia; nororiental, da área oriental galega, lisos, e con vara de sección cuadrangular con remate en periña; flaviense, da zona de Chaves, con vara de sección cuadrangular e romboidal e remates en dobre escocia; e campánula, propios do N de Portugal e caracterizados polos remates en campánula decorada. O seu uso, puido ter unha finalidade de distinción de clase, xa que en Galicia era portado por guerreiros, e non parece que fose utilizado por mulleres. Tamén cabe a posibilidade de que se utilizase para distinguir un grupo étnico do resto da poboación.
-
s
m
Xoia que ten esa forma.