Torquemada, Juan de

Torquemada, Juan de

Prelado e teólogo. Converso do xudaísmo, fíxose dominicano e foi provincial da orde en Castela (1417). Teólogo papal no Concilio de Basilea (1432) e mestre do Palacio Pontificio (1435), foi cardeal (1439) e bispo de Cádiz (1440), Ourense (1442-1445), León (1463) e Sabina e Poggio Mirteto (1463). Escribiu unhas corenta obras, vinte e sete das cales foron editadas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Valladolid

  • Deceso

    Lugar : Roma