Torre de Lama, pazo da
Torre de Lama, pazo da
Construción situada nas Ribeiras do Sor (Mañón). Construíuse no lugar dunha antiga fortaleza. Ten forma de L e na fachada conserva un brasón coas armas dos Teijeiro. Na propiedade acolle en 30 ha a maior plantación de camelias de Europa con 200 variedades cultivadas nela e outras 400 coleccionadas procedentes doutros lugares.