Torre del Campo

Torre del Campo

Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao O da capital provincial (13.185 h [2001]). A economía está baseada na agricultura e na industria alimentaria como a elaboración de aceite, viño e embutidos. Ten manufacturas de madeira e a fabricación de materiais para a construción.