tortrícido -da
tortrícido -da
(< lat científico Tortrix,xénero de insectos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tortrícidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos tortrícidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos nocturnos, da orde dos lepidópteros, coas ás anteriores rectangulares ou trapezoidais e as posteriores anchas. As eirugas hibernan dentro de follas torcidas e envolvidas. Son de grande importancia, tanto polo seu número mundial de especies como pola súa incidencia prexudicial na agricultura.