tortullo
(< lat v *tertubulu, deterrae ruber ‘avultamento da terra’)
-
s
m
[FUNGO]
Fungo de sombreiro entre cónico e convexo, de ata 10 cm de diámetro, coa cutícula gris azulada, lisa e viscosa, e o pé longo e sen anel. As láminas son agrisadas con tonos amarelados. Atópase en Galicia entre os meses de setembro a decembro nos bosques de coníferas (piñeirais). É comestible e ten a carne branca.
-
tortullo apiñado
[FUNGO]
Fungo de sombreiro convexo, de ata 12 cm de diámetro, ocre apardazado, cutícula lisa e marxe enteira e pé fribroso, longo e unido xeralmente a outros individuos. As láminas son brancas. Pode atoparse en Galicia desde finais de outono e durante o inverno nos bosques de frondosas. É comestible e ten carne branca.
-
tortullo branco/palometa
[FUNGO]
Fungo de sombreiro de ata 12 cm de diámetro, branco, aplanado, coa cutícula lisa, satinada e de marxe irregular. As láminas son moi brancas, ao igual que o pé, que carece de anel. Pode atoparse en Galicia baixo carballos, ou outros caducifolios, desde principios do inverno. É comestible e ten carne branca.
-
tortullo da madeira
[FUNGO]
Fungo de sombreiro convexo, de ata 20 cm de diámetro, amarelo, coa cutícula con escamas purpúreas, e con pregamentos amarelos no interior. O pé é longo, cartilaxinoso e amarelado. Atópase en bosques de coníferas, principalmente, desde finais de outono, e é común en Galicia.
-
tortullo dourado
[FUNGO]
Fungo de sombreiro aplanado de ata 15 cm de diámetro, cutícula lisa e viscoso, pardo amarelado. O pé carece de anel, é robusto e ten a mesma cor ca o sombreiro. A carne é comestible, de cor branca e algo fibrilosa. Aparece desde finais de outono nos bosques de coníferas, e está presente en Galicia.
-
tortullo grande/salmón
[FUNGO]
Fungo co sombreiro de ata 25 cm de diámetro, rosáceo, e coa cutícula lisa e algo viscosa. O pé é curto e groso, sen anel e de cor similar ao sombreiro. A carne branca rosada é comestible, aínda que non é de moi boa calidade. Pódese atopar nos bosques de Galicia desde finais do outono, e crece baixo piñeiros.