tortura
(
-
s
f
[DER/POLÍT]
Acción de inflixir deliberadamente a unha persoa dor ou un sufrimento agudo, físico ou psíquico, co fin de arrincarlle unha confesión ou de castigar un acto. Foi aplicada, na Idade Media, polos tribunais como castigo ou como medio para obter a declaración dun acusado, e especialmente pola Inquisición. A Ilustración reaccionou contra estas prácticas, que comezaron a ser abolidas en Europa cara a finais do s XVIII. En España foi abolida polas Cortes de Cádiz (1812) e, desde 1995, o Código Penal incluíuna como delito contra a integridade moral. Non obstante, seguiuse empregando nos réximes totalitarios e policíacos. Considerada unha aldraxe á dignidade da persoa humana, foi condenada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) e en posteriores ocasións, pola ONU.
-
s
f
-
Sufrimento físico ou moral insoportable.
-
Persoa ou cousa que tortura.
-