Toruń
Toruń
Cidade do voivodato de Bydgoszcz, Polonia (204.322 h [2000]). Porto fluvial no Vístula, ten industrias químicas, téxtiles, de maquinaria e alimentarias. Fundada en 1231 pola orde Teutónica, pertenceu á Liga Hanseática (1280) e foi un mercado importante durante a Idade Media. Estivo sometida a Polonia (1454), Prusia (1793) e ao Gran Ducado de Varsovia (1807). De novo prusiana (1815), pasou definitivamente a Polonia polo Tratado de Versailles (1919). Destacan as súas igrexas góticas de Santa María e de San Xoán.