toscano -na

toscano -na

(< topónimo lat Tuscia

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Toscana, aos seus habitantes e ás súas variedades lingüísticas.

  2. s

    Natural ou habitante de Toscana.

  3. s m [LING]

    ariedade lingüística italorrománica que na súa modalidade florentina se converteu na base da lingua literaria italiana. Os seus trazos lingüísticos máis relevantes son: a formación do plural con i para o masculino e e para o feminino, en lugar de con -s; ningunha palabra remata en consoante e adaptan as estranxeiras (cognac > cognache); a presenza das consoantes longas xeminadas que se opoñen fonoloxicamente (FATUM > fato ‘fado’/ FACTUM > fatto ‘feito’); simplificación do grupo RJ latino: RJ > j (AREA > aia); o paso de LV > rb e RV > rb (NERVU > nerbo) e a aspiración das oclusivas intervocálicas C, P e T (K > kh, P > ph e T> th).

  4. orde toscana [ARQUIT]

    Orde romana que se constituíu como unha simplificación da orde dórica. A base é ática, pero simplificada, e o fuste é liso e con éntase pronunciada. O capitel está formado por molduras e a columna ten en total sete diámetros de alto.

Palabras veciñas

Tosca | Toscana | Toscanelli, Paolo dal Pozzo | toscano -na | Toscano, arquipélago | tose | Tosefta