Tosti, Luigi

Tosti, Luigi

Relixioso, historiador e político. Monxe beneditino en Montecassino (1832), dedicouse aos estudos históricos. O estudo da Cuestión Romana levouno dunha posición neogüelfa inicial á aceptación do feito italiano e á loita pola reconciliación. Politicamente pasou da intransixencia á intervención, a título persoal, nos gobernos italianos. A súa obra, La Conciliazione (1887) foi condenada por León XIII.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nápoles

  • Deceso

    Lugar : Montecassino