Toul
Toul
Cidade do departamento de Meurthe-et-Mosella, Lorena, Francia, situada á beira do río Moselle e o canal Rin-Marne (22.259 h [1999]). Foi capital dos galos leucos. Pertenceu despois sucesivamente ao reino franco, en Lorena e ao Imperio Xermánico. Destaca a catedral de Saint-Étienne (ss XIII - XV).