Touré, Ahmed Sékou

Touré, Ahmed Sékou

Político guineano. Colaborou na creación do Reagrupamento Democrático Africano (1946) e foi secretario xeral do Partido Democrático de Guinea (1952). Alcalde de Conakry (1955) e deputado na Asemblée National francesa (1955), foi elixido primeiro presidente da República de Guinea (1958). Instaurou un réxime revolucionario nacionalista e panafricanista ata 1984.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Faranah

  • Deceso

    Lugar : Cleveland, Ohio