Tours
Tours
Capital do departamento de Indre-et-Loire, Francia (132.820 h [1999]). Situada na confluencia dos vales do Loire e do Cher, a base da súa economía é o sector terciario, xa que é o centro turístico do val do Loire e un punto de redistribución de carbón e produtos petrolíferos. O sector industrial experimentou unha certa intensificación grazas á descentralización da área de París. Ocupada polos visigodos (s V), en 507 foi conquistada polos francos. Foi un centro relixioso de prestixio. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de Saint-Gatien (ss XIII-XVI).