Toxa, illa da
Toxa, illa da
Illa da beira meridional da ría de Arousa, situada no litoral oriental da parroquia e concello do Grove. Unida ao continente por unha ponte, é un destacado centro turístico, que conta entre os seus principais atractivos cun balneario de augas termais e un casino de xogo.