tracio -cia
-
-
adx
Relativo ou pertencente á rexión histórica de Tracia ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante da rexión histórica de Tracia.
-
adx
-
[ETN/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tracio.
-
s
Individuo do pobo tracio.
-
s
m pl
Pobo que habitou a rexión histórica de Tracia desde o Paleolítico Superior. Posteriormente amosou aspectos da civilización neolítica e eneolítica. Coñecedores da cerámica e practicantes da inhumación dos cadáveres, cesaron a súa actividade arredor do segundo milenio a C, a causa da chegada doutros pobos indoeuropeos procedentes do N que se estableceron na rexión e foron coñecidos sucesivamente co nome de tracios.
-
adx
-
s
m
[LING]
Lingua do phylum indoeuropeo que falaban os tracios. Só se conservan dúas inscricións de interpretación dubidosa que se refiren a nomes de plantas, de pobos e de lugares.