Tramuntana, serra da

Tramuntana, serra da

Cordilleira de Mallorca, a máis importante das Illes Balears. De orientación SO-NL, os materiais, en boa parte calcarios do fondo do xeosinclinal, emerxeron en forma de arquipélago durante o Eoceno Superior, pero o seu paroxismo tectónico é posterior e coincide co dobramento alpino. A costa é alta e rectilínea, con pequenas calas.