Trani

Trani

Cidade da provincia de Bari, Puglia, Italia (52.345 h [2001]). Situada na costa adriática, é un centro de exportación de viños e de elaboración de mármore. Conserva o seu antigo núcleo medieval, coas murallas e diversos monumentos. Destaca a súa catedral, románica (s XII), que é unha basílica de tres naves e tres ábsidas, con transepto e triforio. Preto da catedral está a igrexa dos Ognissanti (s XII), tamén de tres naves.