Transición

Transición

Período da historia contemporánea española comprendido entre 1975, ano da morte de Francisco Franco, e 1982 cando o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) obtivo a maioría absoluta nas eleccións lexislativas. Nestes anos desenvolveuse o proceso de cambio político do réxime ditatorial franquista á instauración dunha democracia que desembocou na celebración das primeiras eleccións libres desde 1936, gañadas pola coalición Unión de Centro Democrático (UCD). As primeiras medidas democratizadoras tomadas foron a legalización de partidos, a redacción da Constitución, aprobada polas Cortes en 1978 e a concesión do réxime de preautonomía ás nacionalidades históricas.