transposón
transposón
s
m
[XEN]
Segmento de ADN que pode inserirse en diferentes lugares dun plásmido ou dun cromosoma, independentemente do sistema de recombinación da célula hóspede. Os transposóns conteñen os xenes implicados na inserción e tamén outros xenes que poden conferirlle novas propiedades fenotípicas á célula que os contén, como a resistencia a diferentes antibióticos.