Trapero Pardo, Xosé Antonio

Trapero Pardo, Xosé Antonio

Xornalista e escritor. Despois de cursar a carreira eclesiástica dedicouse ao xornalismo, inicialmente como redactor xefe da revista Acción Social, e logo como director dos semanarios Justicia e Renovación, do boletín do Concello de Lugo, da revista LUCUS e dos xornais La Voz de la Verdad, El Heraldo de Vivero e El Progreso, cargo que desempeñou ata a súa xubilación (1972). Fundador da revista Vallibria e colaborador de Radio Lugo, foi cronista oficial de Lugo e director do Museo Provincial de Lugo. Publicou os libros poéticos El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925) e Lóstregos e moxenas (1926); a zarzuela Non chores Sabeliña (1943), e os libros históricos Lugo, 100 años de vida local (1969) e Lugo y su muralla (1986). Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega, dirixiu o Museo Provincial de Lugo (1989) e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos. Recibiu o Premio Otero Pedrayo (1991) e a Medalla de Castelao (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Castro Ribeiras de Lea, Castro de Rei

  • Deceso

    Lugar : Lugo