Trás-os-Montes

Trás-os-Montes

Antiga rexión de Portugal, a máis oriental (NL) e unha das máis pobres do país. Abrangue os distritos de Vila Real e Bragança, e unha parte dos distritos veciños. Morfoloxicamente é unha penechaira en que dominan os materiais eruptivos, con altitudes que acadan os 900-1.000 m. No extremo L, (850-600 m), dominan materiais paleozoicos e relevos máis baixos. O Douro encáixase nela profundamente, forma a fronteira española (Arribes del Duero) e entra en Portugal. O seu clima é atlántico atenuado, cunha certa tendencia continental e mediterránea nas concas máis ou menos pechadas. Esta suavidade explica que se cultiven trigo, amendoeiras, oliveiras e vides. Extráese tungsteno e granito, pero a súa verdadeira riqueza é a explotación hidroeléctrica da metade N do tramo internacional do Douro. As principais poboacións son Vila Real, Chaves e Bragança, capital histórica.

Palabras veciñas

Tras do Hospital | Tras Salomé, pazo de | tras- | Trás-os-Montes | trasacordo | Trasalba | Trasalba