trasacordo

trasacordo

(< tras- + acordo)

s m

Cambio de opinión respecto a algo acordado con anterioridade.

Refráns

  • Dá o trato por desfeito cando sexa máis o dano có proveito.
  • De sabio é mudar de consello.
  • Digo e redigo que, cando digo digo, non digo digo, que digo Diego.
  • Home de dous falares, nin en vilas nin noutros lugares.
  • Non hai mellor aeordo có do trasaeordo.
  • Se pola miña palabra perdo, na miña palabra me cago e me mexo.