Trasibulo
Trasibulo
Xeneral e político. Demócrata fervente e promotor da política imperialista de Atenas, foi trierarca (411 a C) e estratega. Cando o Consello dos Trinta se fixo co poder na cidade, refuxiouse en Tebas, e desde alí iniciou a súa loita contra os oligarcas. Asaltou o Pireo, entrou en Atenas e interveu na restauración da democracia. Despois levou a termo a reconstrución do imperio marítimo ateniense. Morreu nunha emboscada nocturna.
Cronología
-
Deceso
Lugar : preto do río Eurimedonte, Panfilia -
Nacemento
Lugar : Estiria, Atenas