Trastámara
Trastámara
Dinastía real castelá iniciada por Enrique, conde de Trastámara e fillo bastardo do Rei Afonso XI, ao converterse en rei en 1369. Ademais de Enrique II, pertenceron á casa de Trastámara Xoán I, Enrique III, Xoán II, Enrique IV, Isabel I e Xoana I. Reinou tamén na Coroa de Aragón (1412-1516) con Fernando I, Afonso V, Xoán II e Fernando II. En 1516 extinguiuse ao acceder ás coroas de Castela e Aragón a dinastía dos Habsburgo, con Carlos I.