Traxano, Marco Ulpio
Traxano, Marco Ulpio
Emperador romano (98-117). Membro dunha familia pertencente á orde senatorial, foi xeneral de profesión. Adoptado por Nerva (96), sucedeuno á súa morte. Adoptou unha política belixerante e guerreou contra os dacios (101-107) e os partos (113-117). Fixo frecuentes esforzos por asegurar as fronteiras do Imperio, o que ampliou coas cinco novas provincias de Dacia, Arabia, Mesopotamia, Asiria e Armenia. Foi un grande administrador e procurou sanear as finanzas e a xustiza, organizar a asistencia social, aumentar o número de provincianos no Senado e de cabaleiros na administración e fomentar a agricultura e o comercio coas provincias.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Itálica