trazador -ra

trazador -ra

(< trazar)

  1. adx e s

    Que ou quen traza.

  2. adx e s m [FÍS/QUÍM]

    Aplícase á substancia que contén un ou diversos núclidos radioactivos e permite seguir a evolución doutra coa que está mesturada, grazas a que a radioactividade do trazador é detectable ao longo do camiño da mestura. O proceso de introdución do trazador nunha molécula é coñecido como marcaxe, e dise que o composto en que se introduciu o trazador está marcado. Cando o trazador está formado unicamente por un isótopo dun dos núclidos da substancia denomínase indicador radioactivo e trazador isotópico.

Palabras veciñas

1 traza | 2 traza | trazado -da | trazador -ra | trazar | trazaría | trazo