trazador -ra
trazador -ra
(< trazar)
-
adx e s
Que ou quen traza.
-
adx e s
m
[FÍS/QUÍM]
Aplícase á substancia que contén un ou diversos núclidos radioactivos e permite seguir a evolución doutra coa que está mesturada, grazas a que a radioactividade do trazador é detectable ao longo do camiño da mestura. O proceso de introdución do trazador nunha molécula é coñecido como marcaxe, e dise que o composto en que se introduciu o trazador está marcado. Cando o trazador está formado unicamente por un isótopo dun dos núclidos da substancia denomínase indicador radioactivo e trazador isotópico.