trazado -da

trazado -da

(< trazar)

  1. p reg

    de trazar.

  2. s m

    Acción e efecto de trazar.

  3. s m [CONSTR]

    Descrición xeométrica dunha obra de carácter lineal con respecto ao terreo.

  4. s m

    Percorrido dun camiño, río ou estrada sobre o terreo.

  5. s m [ARTE]

    Representación gráfica, en debuxo técnico, das distintas posicións que poden adoptar dúas ou máis pezas que teñen un movemento relativo entre elas para verificar se cumpre cuns certos requisitos técnicos ou para definir as súas formas e dimensións.

  6. s m [HERÁLD]

    Conxunto de liñas mediante as que se indican os esmaltes.

Palabras veciñas

traxicómico -ca | 1 traza | 2 traza | trazado -da | trazador -ra | trazar | trazaría