trazaría

trazaría

(

s f [ARQUIT]

Ornamentación arquitectónica formada pola combinación de liñas e figuras xeométricas de pedra que se utilizou na arte gótica como recheo de espazos ou remate, ás veces calado, na parte superior das fiestras, en arcos cegos e en bóvedas. Distínguense diversos tipos: trazaría plana, con trazos simples; xeométrica, que emprega e mestura formas xeométricas; curvilínea, que inclúe, ademais de formas xeométricas, dobles curvas; de panel ou rectilínea, formada por paneis verticais, de lados rectos na parte superior das luces da fiestra; reticular, que simula unha rede ou malla; e colgante, que pende sobre o sofito dun arco.

Sinónimos

Palabras veciñas

trazado -da | trazador -ra | trazar | trazaría | trazo | Trazo | Trazo