2 traza

2 traza

(

  1. s f [ARQUIT]
    1. Deseño ou proxecto dunha construción.

    2. Liñas xerais dunha estrutura ou edificio. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

  2. s f

    Modo ou aparencia como se presenta á vista unha persoa ou unha cousa.

  3. s f

    Habilidade para facer un traballo.

  4. s f [FÍS]

    Traxectoria que describe un punto luminoso na pantalla dun tubo catódico.

  5. [QUÍM]
    1. s f

      Compoñente dunha mestura que aparece en moi pequena proporción.

    2. análise de trazas

      Conxunto de técnicas analíticas que se empregan para identificar e determinar as trazas de elementos ou compostos mesturados. Na análise de trazas de elementos, as técnicas máis apropiadas son as colorimétricas e espectroscópicas, cando se traballa en solución, e as análises de activación neutrónica e de fluorescencia de raios X para mostras sólidas. Das técnicas máis habituais na análise de trazas de compostos destacan as espectroscópicas ou o uso combinado da cromatografía de gases e a espectrometría de masas.

Frases feitas

  • Non ter traza. Ser algo difícil de amañar.

Palabras veciñas

traxicomedia | traxicómico -ca | 1 traza | 2 traza | trazado -da | trazador -ra | trazar