traxicomedia

traxicomedia

(< lat tragicomoedĭa)

  1. s f [LIT]

    Obra dramática que participa simultaneamente dos caracteres da traxedia e da comedia. Durante o Renacemento, en Italia orixinou unha apaixonante polémica. Máis tarde, tanto Shakespeare coma Lope de Vega fixeron dela un dos puntos clave da súa renovación teatral, e foi asumida tamén polo teatro romántico.

  2. s f

    Acontecemento da vida real en que se mesturan o cómico e o tráxico.

Palabras veciñas

traxectoria | traxedia | tráxico -ca | traxicomedia | traxicómico -ca | 1 traza | 2 traza