traxectoria
traxectoria
(< fr trajectoire)
-
s
f
-
Liña que describe no espazo un punto que se move.
-
[BÉL]
Liña que describe o centro de gravidade dun proxectil no seu camiño polo aire.
-
[AERON]
Liña que describe un avión ou calquera outro vehículo espacial nun voo, referido estritamente á liña descrita polo seu centro de gravidade.
-
-
s
f
Liña de conduta ou actuación que segue no tempo unha persoa dentro dunha actividade.
-
s
f
[MAT]
Curva que corta coa mesma inclinación todas as curvas dun feixe ou sistema dado. Denomínase traxectoria ortogonal se as corta nun ángulo recto.
-
s
f
[METEOR]
Camiño que segue unha masa de aire como un furacán ou unha tormenta xiratoria.