traxectoria

traxectoria

(< fr trajectoire)

  1. s f
    1. Liña que describe no espazo un punto que se move.

    2. [BÉL]

      Liña que describe o centro de gravidade dun proxectil no seu camiño polo aire.

    3. [AERON]

      Liña que describe un avión ou calquera outro vehículo espacial nun voo, referido estritamente á liña descrita polo seu centro de gravidade.

  2. s f

    Liña de conduta ou actuación que segue no tempo unha persoa dentro dunha actividade.

  3. s f [MAT]

    Curva que corta coa mesma inclinación todas as curvas dun feixe ou sistema dado. Denomínase traxectoria ortogonal se as corta nun ángulo recto.

  4. s f [METEOR]

    Camiño que segue unha masa de aire como un furacán ou unha tormenta xiratoria.

Palabras veciñas

traxar | traxe | traxecto | traxectoria | traxedia | tráxico -ca | traxicomedia