Trentino

Trentino

Rexión do N de Italia, que coincide coa provincia de Trento e que, xunto co Tirol do Sur, forma a rexión administrativa Trentino-Alto Adige. Situada na banda meridional desta, limita co Tirol do Sur ao N, con Véneto ao L e ao S, e con Lombardia ao O e ao S. Pertencente á Retia no s III a C, foi conquistada por Roma en 15 d C. Coa creación do reino longobardo (569) estableceuse o ducado de Trento, organizado como marca cando Carlomagno se apoderou del (774). A finais do s X uníronse os poderes ducal e eclesiástico en mans dos bispos, cuxo poder non foi secularizado ata 1363. Pasou a Baviera en 1806 e despois foi agregado ao Reino de Italia (1810). Foi ocupado polas tropas austríacas en 1813, incorporado ao condado do Tirol (1816) e unido á Confederación Xermánica (1818). Foi tomado polos italianos en novembro de 1918.