Trias i Fargas, Ramon
Trias i Fargas, Ramon
Economista e político. Licenciado en Ciencias Económicas e doutor en Dereito, fundou Esquerra Democrática de Catalunya (1974), que se fusionou con Convergència Democràtica de Catalunya. Foi conselleiro de Economía e Finanzas da Generalitat de Catalunya (1980-1982), deputado (1977-1986) e senador (1986-1988). Escribiu, entre outras obras, La balanza de pagos interior (1960), Entre el capitalismo y el comunismo, un tercer camino? (1963), El sistema financiero español (1970) e Nacionalisme i llibertat (1979)
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Masnou