tríathlon
tríathlon
(< tria- + terminación-athlon, de pentathlón)
s
m
[DEP]
Competición deportiva que combina a natación (entre 1 e 3 km, segundo a categoría), o ciclismo en ruta (entre 40 e 120 km) e a carreira atlética (entre 10 e 42 km). Tivo a súa orixe, posiblemente, en Hawaii en 1978. Popularizouse en EE UU e en Australia e chegou a Europa a finais da década de 1980. É un deporte regulamentado e en 2000 acadou a condición de olímpico.