tribunal
(< lat tribūnale)
-
[DER]
-
s
m
Conxunto de persoas que teñen que xulgar e administrar xustiza.
-
s
m
Conxunto de persoas competentes que teñen que xulgar exames, oposicións, concursos e actos análogos.
-
s
m
Conxunto de funcionarios que constitúen o órgano estatal encargado de velar pola garantía de orde xurídica, en nome do pobo ou do xefe de estado que representa e de acordo cun sistema normativo de legalidade. En España comprende os xulgados (tribunais unipersoais) e as audiencias (tribunais colexiados). A xurisdición ordinaria comprende: xulgado de paz, integrado por un xuíz, con xurisdición sobre un municipio onde non hai un xulgado de primeira instancia e instrución; xulgado de primeira instancia e de instrución, presidido por un xuíz, con xurisdición sobre un partido xudicial; xulgados penais; xulgados contencioso-administrativos; xulgados sociais; xulgados de menores; xulgados de vixilancia penitenciaria; audiencia provincial, que é a instancia máxima provincial; o tribunal superior de xustiza, con xurisdición sobre todas as audiencias provinciais dunha mesma comunidade autónoma; e o Tribunal Supremo, instancia suprema xudicial que exerce en casación sobre todo o territorio do estado.
-
s
m
Conxunto de eclesiásticos que en nome do papa e dos bispos administran xustiza e pronuncian sentenzas en asuntos relacionados co dereito canónico. Respecto á xurisdición, hai tribunais diocesanos, baixo a xurisdición do bispo, que delega as súas funcións no provisor. O tribunal apostólico está integrado pola Penitenciaría Apostólica, o Tribunal da Rota Romana e o Tribunal da Sinatura Apostólica, baixo a presidencia do papa. En España atópase o Tribunal de la Rota de la Nunciatura.
-
tribunal de casación
Tribunal que coñece dos quebrantamentos ou infraccións da lei alegados contra a sentenza de instancias.
-
tribunal de contas
Tribunal con carácter fiscal e político, encargado da fiscalización da economía das entidades estatais, de xulgar e condenar a quen ten ao seu cargo as contas do estado e vixiar e inspeccionar os expedientes administrativos de reintegros e cancelacións de finanzas.
-
tribunal de garantías institucionais
Instrumento de tutela dos dereitos e as liberdades individuais existente nalgúns estados. A garantía constitucional presupón a existencia dun ordenamento xurídico fundamental, e o tribunal ten a facultade, en determinados momentos de emerxencia, de suspender algunha das garantías constitucionais, determinando expresamente a duración da suspensión.
-
tribunal de honor
Tribunal existente dentro de certas corporacións ou colectividades para xulgar a conduta deshonesta, malia que non delituosa, dalgúns dos seus membros. A Constitución Española de 1978 prohibiunos.
-
tribunal do xurado
Insitución para a participación dos cidadáns na administración de xustiza. Ten competencia sobre homicidios, ameazas, omisión do deber de socorro, violación ou invasión de domicilio, incendios forestais, infidelidade na custodia de documentos, suborno, tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, fraudes e extraccións ilegais e negociacións prohibidas a funcionarios.
-
tribunal popular
Tribunal constituído nun momento revolucionario, á marxe da lexislación vixente, en que os membros, xeralmente de extracción popular, actúan con procedementos sumarios e con gravísimas penas. Tamén realiza tarefas de vixilancia contrarrevolucionaria. Substituíuse polo tribunal do xurado.
-
tribunal tutelar de menores
Órgano administrativo competente para coñecer e resolver as accións e omisións dos menores de idade, como tamén a protección xurídica destes contra o exercicio do dereito á garda e educación.
-
s
m
-
s
m
-
Lugar destinado aos xuíces para administrar a xustiza e pronunciar sentenzas.
-
[ARQUIT/HIST]
Parte da ábsida das basílicas civís romanas onde se sentaban os xuíces.
-
[ARQUIT/HIST]
Presbiterio nas basílicas paleocristiás situado na ábsida, normalmente elevado, onde se sentaban o bispo e os presbíteros.
-