Tribunal Constitucional

Tribunal Constitucional

Organismo colexiado encargado de administrar o mecanismo de defensa e garantía da Constitución que resolve os problemas que presenta o cumprimento das normas. Foi creado en 1979, con xurisdición sobre todo o territorio español e formado por 12 membros nomeados polo rei a proposta do Congreso de los Diputados (4), do Senado (4), do goberno (2) e do Consejo General del Poder Judicial (2) entre maxistrados e fiscais, profesores universitarios, funcionarios públicos e avogados, todos eles xuristas de recoñecida competencia con máis de 15 anos de exercicio profesional. O seu mandato dura 9 anos e renóvase cada dous terzos. Ten a súa orixe no Tribunal de Garantías Constitucionales da Segunda República Española. Ten competencia exclusiva para coñecer dos recursos de inconstitucionalidade contra leis e normas xurídicas con rango de lei, dos de amparo por violación de dereitos e liberdades fundamentais e dos conflitos de competencia entre o estado e as comunidades autónomas.