tribuno
(< lat tribūnu)
-
s
m
[HIST]
-
Primitivo representante de cada unha das tres tribos da Antiga Roma.
-
Oficial ou funcionario romano, principalmente do tribuno militar (tribunus militium) que, baixo a República e xuntamente cos outros cinco, tiña o mando dunha lexión. De 444 a 367 a C foron nomeados tribunos militares con poder consular que, en número de seis, substituíron os cónsules e recibiron os seus mesmos poderes (agás o triunfo). Outro funcionario importante era o tribuno da plebe (tribunus plebis) instituído no inicio do s V a C para facer valer a vontade da plebe ante o patriciado. Baixo o Imperio, o poder do tribunado quedou suprimido cando o Senado lle concedeu a Augusto (23 a C) e aos seus sucesores o poder tribunicio, estendido por todo o Imperio.
-
Membro dunha maxistratura romana creada tras a revolta de Cola di Rienzo (1344) e legalizada polo papa (1347). Os tribunos eran denominados rectores urbis et distritus.
-
Membro do tribunado establecido na Francia napoleónica.
-
-
s
m
Orador político, especialmente popular.