tributo
(< lat tribūtu)
-
s
m
[DER/ECON]
-
Carga continua ou obriga que impón o uso ou a posesión dalgunha cousa.
-
Exacción forzosa esixida polos poderes públicos para recadar os ingresos públicos ordinarios que serven como instrumento da política económica xeral, para atender as esixencias de estabilidade e progreso sociais e procurar unha mellor distribución da renda nacional. Os tributos divídense en taxas, contribucións especiais e impostos.
-
-
s
m
Mostra de cariño, agradecemento ou respecto cara a alguén.
-
s
m
[HIST]
-
Cantidade de diñeiro ou especie que un vasalo lle entregaba ao señor, á Igrexa ou ao soberano como compensación pola explotación dun dominio, durante a Idade Media.
-
Contribución que unha nación pagaba a outra como recoñecemento da submisión, como prezo da paz ou protección, en virtude dun tratado.
-
-
s
m
Carga que se ten que pagar ou soportar para poder gozar de algo.