tributo

tributo

(< lat tribūtu)

  1. s m [DER/ECON]
    1. Carga continua ou obriga que impón o uso ou a posesión dalgunha cousa.

    2. Exacción forzosa esixida polos poderes públicos para recadar os ingresos públicos ordinarios que serven como instrumento da política económica xeral, para atender as esixencias de estabilidade e progreso sociais e procurar unha mellor distribución da renda nacional. Os tributos divídense en taxas, contribucións especiais e impostos.

  2. s m

    Mostra de cariño, agradecemento ou respecto cara a alguén.

  3. s m [HIST]
    1. Cantidade de diñeiro ou especie que un vasalo lle entregaba ao señor, á Igrexa ou ao soberano como compensación pola explotación dun dominio, durante a Idade Media.

    2. Contribución que unha nación pagaba a outra como recoñecemento da submisión, como prezo da paz ou protección, en virtude dun tratado.

  4. s m

    Carga que se ten que pagar ou soportar para poder gozar de algo.