tricromía

tricromía

(

  1. s f [FÍS]

    Procedemento que consiste na descomposición das cores en tres compoñentes de maneira que cada un deles corresponda a unha cor padrón fixada, denominada cor primaria.

  2. s f [GRÁF]

    Impresión que se fai nas tres cores primarias por superposición da impresión de tres clixés obtidos por selección cromática coas tres tintas correspondentes ás tres cores primarias.