tricúspide

tricúspide

(< lat tricuspĭde)

  1. adx

    Que ten tres puntas ou cumios.

  2. [ANAT]
    1. adx

      Aplícase ao órgano que ten tres puntos culminantes ou cúspides, especialmente dito dunha válvula cardíaca e das segundas molares.

    2. válvula tricúspide

      Anel de separación entre a aurícula e o ventrículo dereito do corazón que está formado por tres válvulas que se unen aos músculos papilares do ventrículo mediante as cordas tendinosas. Durante a diástole ventricular queda aberta e permite o paso do sangue da aurícula ao ventrículo, mentres que durante a diástole auricular queda cerrada e impide o paso de sangue cara á aurícula.

Palabras veciñas

tricroico -ca | tricroísmo | tricromía | tricúspide | tridáctilo -la | tridentado -da | tridente