trifásico -ca

trifásico -ca

(< tri- + fásico)

  1. adx

    Que ten tres fases.

  2. sistema trifásico [FÍS]

    Sistema polifásico de tres fases (n=3). As tres tensións do sistema (representadas por R, S, T) presentan un desfase entre elas de 2 π/3 radiáns ou 120°. É o sistema polifásico que máis se emprega como corrente alterna industrial.